miércoles, 30 de abril de 2014

EXCURSIÓN ANPA

O vindeiro 25 de Maio realizaremos unha saída de familias, para pasar un día de xuntanza. 

Iremos pola mañá ó Centro ecuestre O Ventoso para que os nosos fillos e fillas pasen unha mañá inolvidable (animais da granxa, horta e cultivos i equitación), e despois comeremos de campo na área recreativa de Gabenlle (cada familia ha de levar o seu picnic) para posteriormente facer un roteiro ó carón do río Anllóns.
Todo isto situado no Concello de Laracha.






Toda a actividade está pensada para nenos e nenas de tódalas idades, o centro admite pequenos para participar dende os 3 aniños, e o roteiro é de pouca dificultade, para que paseemos tranquilamente e vexamos os muíños da zona.




custo para os socios será 6 euros (actividades para os cativos no centro ecuestre) pois o autobús será facilitado pola Anpa.
Para os non socios, o prezo , é  7 euros para os adultos (custo do autobús)  e 13 euros para os cativos (autobús + actividades) .
Tamén se pode ir en automóbiles propios, para os que prefirades.
A hora de saída dende a porta principal do noso colexio será ás  10h.  para estar en O Ventoso ás  10.30h.

Xa podedes pasar pola oficina da Anpa para inscribiros, a data límite será o 19 de Maio a primeira hora da mañá.

Para máis información:
info@turismoecuestreoventoso.com  

https://drive.google.com/file/d/0B_eXYcVvQeiOWHBLTVpBcTF5bVhFSi16Qkwzb1hRaXVGODBR/edit?usp=sharing

No hay comentarios:

Publicar un comentario