miércoles, 12 de junio de 2013

Talleres "Este verán vivimos o espazo" do Museo de Belas Artes

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 31/07/2013 . Quendas semanais no mes de xullo 2013
Horario:
10:30 a 13:30 h.
Enlace:
Talleres de verán
Logo do museo de belas artes
O Museo de Belas Artes dá Coruña organiza estes campamentos para nenos de 6 a 12 anos.
CONTIDOO espazo é un elemento básico da arte. Comezarán polo propio Museo, transitando os seus espazos arquitectónico e descubrindo todos os seus segredos. Continuarán paseando dentro dos cadros para coñecer como os vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras; experimentarán coa importancia da luz e tamén da escuridade, e terminarán conquistando o espazo, creando unha evocadora instalación no museo.
Quendas O taller desenvólvese en catro quendas, de martes a venres*, segundo as seguintes datas: 
 - 2 ao 5 de xullo,
 - 9 ao 12 de xullo
 - 16 ao 19 de xullo
 - 22 ao 26 xullo*
*A última quenda comezará o luns 22 de xullo, para recuperar a sesión do festivo (25 de xullo).
 Matrícula: 20,00 € (fillos de Amigos do Museo: 15,00 €)
INFORMACIÓN E MATRÍCULA 
Museo de Belas Artes dá Coruña 
Tel. 881 881 700 
http://museobelasartescoruna.xunta.es 
mu.belas.artes.difusion@xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario