miércoles, 11 de abril de 2018

Fesra Anpas 2018

FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA

FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA

A Federación provincial de Centros públicos de A Coruña, á cal a nosa ANPA está asociada, organiza unha festa/encontro das ANPAS da escola pública na cal disfrutar dun día en familia todos xuntos.
Será o próximo sábado 12 de maio no Albergue de Gandarío (Bergondo) e a Federación ofrécenos gratuitamente a organización da festa con xogos, deportes, actividades e festa da escuma incluídas, será de 10h a 18:30h.
Podemos participar todas as familias socias do ANPA e só teremos que levar a nosa comida, roupa cómoda e gañas de pasalo ben!
Este ano como novidades incorporan  un torneo de fútbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles, para o que precisamos que vos apuntedes cando fagades a inscripción por mail a anpa.sancristobal@gmail.com.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O prazo de inscrición remata este o día 25 de abril.
Para inscribirvos podedes enviarnos un correo á nosa dirección de mail anpa.sancristobal@gmail.com indicando número de persoas, nome dos adultos e nenos/as socios da anpa,  e idade dos nenos/as e unha dirección de mail e número de teléfono  de contacto na que poder localizarvos.

ANPA San Cristóbal, 11 de abril de 2018.

No hay comentarios:

Publicar un comentario