jueves, 4 de septiembre de 2014

RECOLLIDA FIRMAS PEONALIZACIÓN ÁNGEL SENRA

A Anpa está a apoiar a campaña de recollida de firmas para a revisión e modificación da rúa Ángel Senra, que comezou hoxe como iniciativa de un pai do noso colexio.

Moitos de vós xa sabedes que dende hai anos é unha rúa peonil, pero se a coñecedes e a transitades tamén saberedes que continúamente pasan vehículos por todos os tramos da rúa, e ademáis nos dous sentidos de circulación (por non falar da velocidade que toman moitos, e da actitude que mostran algúns dos conductores), co perigo que supón para calqueira, especialmente para os cativos e cativas que alí xogan a diario, e para os maiores que pasean pola mesma.

Son varios os establecementos do barrio que mostraron o seu apoio, e que axudarán coa recollida de firmas, e tamén disporemos de follas para firmar na oficina de Anpa.

Se algún de vós tamén se anima a recoller firmas, podedes descargar a folla coas explicacións, así como a de recollida de firmas, polo que deixamos os documentos ó voso acceso.

Esta mañá xa houbo policía de proximidade que vixiou os diferentes accesos á rúa, agardamos que non teña que haber máis accidentes para que continúen con esta labor tan importante.

Moitas grazas polo voso apoio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario