lunes, 22 de septiembre de 2014

NOVAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Esta tarde realizouse unah xornada informativa de actividades extraescolares, na que se falou de algunhas das que se levan ofertando estos últimos cursos, así como novas propostas.

Houbo información das actividades que imparte Activa, como Xogos en inglés, Teatro e tamén Debuxo e pintura, así como as posibles novas que son Iniciación á música Ximnasia rítmica.
O coordinador da Escola deportiva da Anpa comentou os obxectivos da mesma, datas das actividades de Baloncesto, Fútbol e Balonmán, así como prezos das mesmas, e falou tamén das competicións de Xogos escolares. Falou tamén de Educa-deporte, a actividade deportiva destinada ós máis pequenos e pequenas do colexio, cuxo obxectivo ten fomentar o deporte na pequena infancia, así como traballar coa coordinación, a psicomotricidade, o xogo en equipo, e algo moi importante, a non discriminación por xénero.

Viñeron representantes de empresas como English Club, interesada en impartir clases deConversa en inglés,  dirixida a nenas e nenos de Ed. Primaria.
Ou como Nenoos, xa coñecida no noso centro, que nos lembrou as súas técnicas deaprendizaxe, concentración e cálculo mental co ábaco, entre outros instrumentos.
Tamén se presentou unha actividade moi interesante de Astronomía (da empresa deOxígeno, actividades educativas) coa fin de difundir a ciencia como algo recreativo e divertido.

Escola Infantil Dumbo, presentou o seu proxecto de obradoiros lúdicos no seu centro (na Avda. dos Mallos núm. 24) como por exemplo Animación á lectura, Arte, Ciencia, Origami ou Xoguetes con material de reciclaxe, pensadas en cativos e cativas de E.I até 6 anos.
E a derradeira charla informativa foi por parte de English in Motion, clases de inglés con mestres nativos, que poderían impartir no noso centro, ou ben, se a demanda non fose suficiente para formar grupo, que continuarán no seu local na rúa Marqués de Amboage núm. 22.

Se tedes interés en algunha de estas actividades dende a Anpa hai disposición para poder organizala e que saia adiante. Pero para iso tedes que animarvos a pedir información e inscribir ós vosos fillos e fillas, porque de outro xeito non serve de nada o traballo que costa organizar este tipo de sesións, que se preparan con moita ilusión.
Grazas a todos os que asistíchedes, e a todos aqueles que non puidéchedes, pero que mostrades interés igualmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario