viernes, 13 de junio de 2014

SUBVENCIÓN COMEDORES XUNTA DE GALICIA

Bos días! A partir do luns 16 poderedes pasar pola oficina da Anpa para cubrir as solicitudes do cartos que repartiremos de maneira proporcional entre as familias dos nenos e nenas que asistiron durante o pasado curso a comedor 2012-2013 (Subvención de comedores para asociacións da Xunta de Galicia).


O prazo de solicitude dos mesmos será do día 16 ó 20 de Xuño, en horario de oficina (de 9.10 a 9.40h.).

Despois de este prazo, entenderáse que as familias que non o soliciten donarán os cartos para todas aquelas necesidades que poidan xurdir no Comedor.

Pasado este tempo, en canto nos sexa posible, pasaremos a realizar as transferencias ós números de contas bancarias que nos indiquedes.

Lembrade traer os vosos DNIs e tamén os datos das vosas contas bancarias.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario