jueves, 8 de mayo de 2014

EXCURSIÓN DA ANPA

Ola a tod@s!
Onte falamos coa xente de O Ventoso, e van facer algunha actividade paralela para que os adultos estemos distraídos mentres os nosos nenos e nenas participan nas actividades programadas para eles.
Así que poderemos montar a cabalo todos os que queiramos, sen ningún coste.
Recordade que os adultos NON PAGAN NADA, soamente se non son socios, pagarán polo autobús. É dicir, o prezo para os cativos e cativas é de 6 euros cada un (prezo das actividades no centro ecuestre), e no caso de non ser socios, cada persoa que asista (adultos e nenos), se queren vir no autobús que pon a Anpa, pagarán 7 euros pola viaxe.
O único que tedes que traer son ganas de pasalo ben e algo de comer, porque vamos pasar todo o día por ahí de monte, claro...

E lembrade que o prazo remata o día 19 a 1ª hora da mañá.


No hay comentarios:

Publicar un comentario