jueves, 21 de noviembre de 2013

MARCHA A MADRID CONTRA A LOMCE



As Federacións Provinciais de ANPAS que formamos CONFAPA-GALICIA e CEAPA imos levar a nosa MAREA VERDE a Madrid en protesta polos Recortes e a aprobación da LOMCE ou Lei Wert.
Sairemos de todas as partes do país para facer unha grande "marea verde" que ocupe as rúas da capital e chegue a nosa voz e a nosa protesta ao Ministerio de Educación.
Sairase o día 29 de novembro (venres) e voltaremos, ao finalizar a manifestación, o día 30. Empezaremos centralizando un autobús na Coruña e, se é necesario, faremolo tamén en colaboración con vós noutros puntos da Provincia.
Para empezar a organizar a viaxe e saber cántas prazas temos que reservar, rogamos nos indiquedes XA se estades dispostos a facer este novo esforzo pola educación dos nosos fillos e fillas. ANÍMATE E VIAXA CON NÓS.
O prezo especial é de 15 euros por persoa e inclúe camiseta da marea verde co logo de CONFAPA-GALICIA.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial ANPAS

https://drive.google.com/file/d/0B_eXYcVvQeiOUmFLbEpJNFlfaF9BQlRETzNMVFJfT3JVYUxF/edit?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/0B_eXYcVvQeiOaGhYYnpjSkpXbVVIZXBJdmo3dm01Ty04WC1N/edit?usp=sharing

No hay comentarios:

Publicar un comentario