lunes, 3 de junio de 2013

Escola de Verán 2013 da OMIC

Data:

Dende o 01/07/2013 ata o 30/08/2013
Data de inscrición:
Dende o 03/06/2013 ata o 28/06/2013
Requisitos:
  • Nenos/as entre 3 e 10 anos cumpridos. 
  • Empadroados no Concello da Coruña. Só no caso de vacantes poderán inscribirse nenos non empadroados.
  • Cada participante poderá inscribirse nun máximo de dúas quendas.
Enlace:
Escola de verán 2013
logo da omic
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da Coruña organiza este verán actividades sobre consumo responsable destinadas a mozos e mozas de entre 3 e 10 anos.
Quendas
1º quenda: 1 ao 12 de xullo (ambos inclusive).
2º quenda: 15 ao 31 de xullo, excepto o día 25 por ser festivo (ambos inclusive).
3º quenda: 1 de agosto ao 16 de agosto, excepto o día 15 por ser festivo (ambos inclusive).
4º quenda: 19 ao 30 de agosto (ambos inclusive).
Temática:
1º e 3º quenda: Alimentación saudable: Recoñecerán a importancia dunha boa alimentación aprendendo a realizar unha alimentación sa e saudable, en aras a mellorar a súa nutrición e potenciar bos hábitos alimenticios. Incluiranse visitas guiadas aos mercados municipais para coñecer mellor o seu funcionamento e fomentar a compra de produto fresco e de calidade.
2º e 4º quenda: Consumo responsable: Aprenderan a crear e transformar obxectos cotiáns de desfeito en xoguetes, disfraces e produtos infantís. Preténdese, a través de diferentes talleres, a creación de xoguetes construídos polos nenos coas súas propias mans e intelixencia, a partir de material de desfeito, de forma que se estimule a invención a través dos experimentos, agudícese a percepción e foméntese a imaxinación e a fantasía.

Horario: de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas
Lugar de celebración, preinscrición: Aulas da OMIC da Coruña, en rúa Custa da Palloza, 8.
Procedemento para inscribirse: Os pais, nais ou titores deberán entregar cuberta unha folla de inscrición que poden recoller na propia OMIC ou ben descargar da páxina web, (www.coruna.es/omic) no apartado de publicacións. 

Información:
Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Costa da Palloza, nº 8
omic@coruna.es 
teléfono 981 189 820
www.coruna.es/omic

No hay comentarios:

Publicar un comentario